Peregrinação do Rui a Santiago de Compostela | Variante Espiritual – Ano de 2023 | Mosteiro de San Xoán de Poio (Galicia, Spain)



Mosteiro de San Xoán de Poio (Galicia, Spain)
Créditos Rui Laginha
Junho 3, 2023

Mosteiro de San Xoán de Poio

“Declarado Monumento Histórico-Artístico en 1970, o Mosteiro de San Xoán de Poio é un dos máximos expoñentes da arquitectura da comarca, tanto pola súa antigüidade e excelente estado de conservación, como pola súa valía artística. Por este motivo a súa visita resulta imprescindíble para todos os amantes da historia e da arte.

Se ben a súa data de fundación é difícil de precisar e só constatábel desde mediados do s. X, a súa orixe atribúese a San Frutuoso de Braga no s. VII. Precisamente desde o s. X rexístranse numerosos privilexios reais e nobiliarios que contribuíron ao esplendor do convento, no que se chegou a estabelecer, en 1548, un recoñecido Colexio Maior de Teoloxía. A exclaustración obriga aos monxes beneditinos a abandoar o convento en 1835, que non volverá a estar ocupado até 1890, cando os mercedarios o restauren e se instalen definitivamente.”(…)

Texto capturado em junho 4, 2023 de Mosteiro de San Xoán de Poio | Terras de Pontevedra




Comentários

Mensagens populares